Saborea a esencia da nosa terra en Taberna Acevedo

Comida galega con ingredientes ecolóxicos

A Taberna Acevedo é o lugar ideal para comer a mellor comida galega mentres desfrutas da natureza e das paisaxes desta terra. Ofrecemos aos nosos clientes unha selección dos mellores produtos cultivados sempre de forma ecolóxica, demostrando que apostamos pola recuperación dos sabores naturais e puros.

Na nosa carta pódese escoller entre o peixe e a carne máis fresca e as verduras máis naturais, xunto cunha adega na que se atopan as mellores referencias de viños ecolóxicos e as cervexas artesás máis destacadas.

As nosas sobremesas caseiras aportan o toque final para unha velada perfecta. Contamos ademais con outras elaboracións artesás como as de As Tartas de Tareixa.

Entrantes para compartir

  • Táboa de embutidos de porco celta
  • Táboa de queixos galegos con sabugueiro
  • Táboa de embutidos e queixos
  • Croquetón da casa
  • Ensalada morna de champiñón e langostinos con queixo
  • Ensalada de bacallau afumado con guacamole
  • Ensalada de rulo de cabra e froitos secos
  • Pastel de verduras con crema de cenoria e piñóns
  • Rissoto de espinacas con polbo á prancha

Segundos

  • Tagliatelle Bio con mexillóns da ría
  • Fabas con porco celta
  • Bacallau confitado con salsa de pemento
  • Estofado de xarrete con puré de pataca
  • Chuleta de tenreira galega suprema

Sobremesas

  • "Capricho de la prima"
  • Flan ecolóxico de castañas
  • Tarta de queixo ao forno
  • Queixo Arzúa con xelea de flor Sabugueiro
  • Iogur artesán con Sabugueiro
  • Bola de xeado artesán e ecolóxico
  • Batido ecolóxico (sabores: vainilla, chocolate, frambuesa, mandarina e mango)

Viños recomendados

  • Galván (Mencía e Godello Monterrei)
  • Diego de Lemos (Mencía ecolóxico da Ribeira Sacra)
  • Bacelos de Biobra (Valdeorras ecolóxico)
  • Muñiz Hermida (Ribeiro ecolóxico)
  • Corisca (Albariño ecolóxico)
  • Ijalda Crianza (Rioxa ecolóxico)
  • Eremus Roble (Ribera Duero ecolóxico)

Bebidas artesás

  • Zume de ananás ou pexego ecolóxico
  • Sidra Ribela (Sidra galega espumosa de mazás vellas)
  • Licor de Sabugueiro
  • Dama Alaricana (Queimada)
  • Santo Cristo (Pale Ale)
  • Santo Cristo (Castaña asada)
  • Santo Cristo Fillos de Breogán (Irish Red)
  • Carabuñas Sabugueiro
  • Áncora Bastards (Best bitter)
  • Áncora Pirate Stout (Negra)

Non escatimamos en atencións

Nas sobremesas temos unha selección de xeados artesáns e tortas caseiras con ingredientes naturais.

Todas as nosas referencias van acompañadas dunha táboa de alérxenos.

En Taberna Acevedo reservamos comidas para grupos para todo tipo de celebracións. Ademais nas fins de semana temos actuacións musicais que acompañan aos nosos comensais mentres gozan da boa comida.

De forma intermitente nas nosas instalacións tamén celebramos algunha exposición, xa sexa de cerámica, pintura... facemos talleres artesás para maiores e pequenos e diferentes mercadillos benéficos para axudar á xente que máis o precisa.

Platos de Taberna Acevedo

Algúns dos nosos platos

Visita as nosas instalacións en Xunqueira de Ambía

Nas nosas instalacións en Xunqueira de Ambía poderás degustar pratos exquisitos rodeado da natureza e un formidable ambiente. Achégate á Taberna Acevedo e desfruta connosco!